jueves, 30 de junio de 2016

ENQUISA "HÁBITOS DE ALMORZO"
(Profesoras: Ana Begoña Outumuro Pazos e Mª del Mar Lorenzo González)

Esta enquisa foi elaborada polo alumnado de 2º de ESO C na clase de Ciencias da Natureza.
As preguntas foron propostas e seleccionadas polo alumnado, os que tamén decidiron pasar a enquisa en toda a ESO, nunha clase por curso. Para levar as enquisas, a clase organizouse en grupos de catro e, unha vez recollidos os datos, fixeron o reconto e a posta en común.
Na clase de Matemáticas en 2º de ESO D fixeron os gráficos coa representación dos resultados.

En canto á análise dos datos, expuxéronse as seguintes conclusións:

  • Obsérvanse certas diferencias entre o primeiro e o segundo ciclo da ESO nas respostas ás preguntas sobre se comen algo á media mañá e se consideran que o almorzo é a comida máis importante do día, sendo o alumnado de 1º ciclo o que responde maioritariamente que si.
  • En canto á cantidade de froita e o tipo de dieta, tamén se observa diferencia entre os dous ciclos. O 2º ciclo considera que a súa dieta non é todo o equilibrada que debería.
A conclusión que destacamos é que nas idades máis baixas os proxenitores están máis pendentes da alimentación dos nenos e nenas, que a medida que van medrando e van decidindo por eles mesmos, tamén  van vendo como se deterioran os seus hábitos alimentacios.

Nas seguintes presentacións pódense ver a enquisa e os gráficos...








miércoles, 29 de junio de 2016

RECEITAS EN FRANCÉS
(Profesora: Mª Luz García Fernández)

Seguindo a metodoloxía que xa comentamos para castelán e inglés, en francés tamén se fixeron exposicións orais e presentacións dixitais.

Este traballo foi realizado polo alumnado de 2º ESO C.




LIBRO DE RECEITAS EN INGLÉS
(Profesora: Mª Teresa Bedia Méndez)

EXPOSICIÓNS ORAIS E EXPRESIÓN ESCRITA (LIBRO DE RECEITAS)

Esta actividade fíxose cos alumnos e alumnas de 2º ESO C e D.

Para realizar este traballo o alumnado empregou as receitas feitas para o entroido.
A metodoloxía foi similar a empregada en castelán.

Vemos nestes videos o resultado do traballo...



ELABORACIÓN DE RECEITAS E MARCAPÁXINAS 

EXPOSICIÓN ORAL E EXPRESIÓN ESCRITA (MARCAPÁXINAS)
(Profesoras de Lingua Castelá: Susana Abuín Abel e Mª Jesús Gil Castro)
(Coordinadora de Biblioteca: Mª del Pilar de Vega Rodríguez)

Este traballo realizouse en clase de Lingua Castelá con alumnado de 2º de ESO C e D.

Consistiu en propoñer ao alumnado a elaboración de receitas de doces caseiros coa finalidade de colaborar cunha actividade proposta dende a Biblioteca para o Entroido: escenificación da festa de non cumpreanos que aparece no libro Alicia no País das Marabillas.

Pediuselle ao alumnado que fixeran textos orixinais coa temática das receitas e con motivos da obra literaria mencionada, cos que se ornamentaron os marcapáxinas.

Así mesmo, propuxemos que se prepararan exposicións orais nas que contaran como foi todo o proceso de realización do doce: onde mercaron, que precisaron, onde cociñaron, que incidentes tiveron...Tamén se lles pediu, na medida do posible, que acompañaran a exposición con fotos.

O alumnado traballou en grupos de dous e tres, e empregaron pizarra dixital, cámara de fotos e programas de ofimática. E, por suposto, todos os ingredientes que precisaron para facer os doces.

Pensamos na elaboración deste tipo de alimentos por supoñer un verdadeiro problema para a saúde cando se consumen en exceso de tipo industrial, sendo menos perxudiciais os caseiros.  

Nesta presentación podemos ver a escenificación da festa e algunha das exposicións orais...



 
PROMOCIÓN DE  HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE
(Profesora: Mª del  Pilar de Vega Rodríguez)

Este traballo que podedes ver descrito no video, foi realizado polo alumnado de 1º ESO C...




TRIVIAL XERMOLÓN

TRABALLO DE EDUCACIÓN FINANCIEIRA  EN 1º DE ESO B 
(Profesora: Raquel Paz Meilán) 

Entregóuselles material aos alumnos consistente nunha recompilación de:
- estudos sobre a composición de alimentos e bebidas ofertadas pola cafetería
- estudos sobre a influencia da publicidade destes productos sobre os escolares
- os códigos ou estratexias usados para mellorar a calidade desta publicidade, tanto dende o punto de vista do sector público como dende o punto de vista privado por parte das compañías comercializadoras.
Unha vez lida, esta documentación foi obxecto de análise crítico e contraste cos distintos anuncios presentes hoxe en día nos medios de comunicación.

Tamén se utilizaron os materiais remitidos por parte da consellería, máis en concreto as distintas presentacións do plan galego para a prevención da obesidade infantil XERMOLA.

A partires destas diapositivas, os alumnos foron creando distintas preguntas test que logo fixeron en formato dixital na páxina www.pregunta2.com e tamén en papel para logo montar un trivial XERMOLÓN.

Enlace a preguntas test creadas polos alumnos:



Con toda a información analizada, fixeron un mural no que se expuxo un decálogo sobre alimentación saudable que inclúe propostas de mellora alimentaria dentro do contorno escolar.

Expoñemos un video con fotos do traballos realizados:


ANÁLISE DE ETIQUETAS DE PRODUTOS DA CAFETERÍA
(Profesora: Mª Jesús Gil Castro)

Co alumnado de 2º de ESO D, na hora de titoría semanal,  fixemos un traballo de observación do etiquetado dos produtos da cafetería, fixándonos especialmente nos ingredientes chamados aditivos.
Vemos aquí algunhas das presentacións que se elaboraron...