miércoles, 29 de junio de 2016

ELABORACIÓN DE RECEITAS E MARCAPÁXINAS 

EXPOSICIÓN ORAL E EXPRESIÓN ESCRITA (MARCAPÁXINAS)
(Profesoras de Lingua Castelá: Susana Abuín Abel e Mª Jesús Gil Castro)
(Coordinadora de Biblioteca: Mª del Pilar de Vega Rodríguez)

Este traballo realizouse en clase de Lingua Castelá con alumnado de 2º de ESO C e D.

Consistiu en propoñer ao alumnado a elaboración de receitas de doces caseiros coa finalidade de colaborar cunha actividade proposta dende a Biblioteca para o Entroido: escenificación da festa de non cumpreanos que aparece no libro Alicia no País das Marabillas.

Pediuselle ao alumnado que fixeran textos orixinais coa temática das receitas e con motivos da obra literaria mencionada, cos que se ornamentaron os marcapáxinas.

Así mesmo, propuxemos que se prepararan exposicións orais nas que contaran como foi todo o proceso de realización do doce: onde mercaron, que precisaron, onde cociñaron, que incidentes tiveron...Tamén se lles pediu, na medida do posible, que acompañaran a exposición con fotos.

O alumnado traballou en grupos de dous e tres, e empregaron pizarra dixital, cámara de fotos e programas de ofimática. E, por suposto, todos os ingredientes que precisaron para facer os doces.

Pensamos na elaboración deste tipo de alimentos por supoñer un verdadeiro problema para a saúde cando se consumen en exceso de tipo industrial, sendo menos perxudiciais os caseiros.  

Nesta presentación podemos ver a escenificación da festa e algunha das exposicións orais...



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario