jueves, 30 de junio de 2016

ENQUISA "HÁBITOS DE ALMORZO"
(Profesoras: Ana Begoña Outumuro Pazos e Mª del Mar Lorenzo González)

Esta enquisa foi elaborada polo alumnado de 2º de ESO C na clase de Ciencias da Natureza.
As preguntas foron propostas e seleccionadas polo alumnado, os que tamén decidiron pasar a enquisa en toda a ESO, nunha clase por curso. Para levar as enquisas, a clase organizouse en grupos de catro e, unha vez recollidos os datos, fixeron o reconto e a posta en común.
Na clase de Matemáticas en 2º de ESO D fixeron os gráficos coa representación dos resultados.

En canto á análise dos datos, expuxéronse as seguintes conclusións:

  • Obsérvanse certas diferencias entre o primeiro e o segundo ciclo da ESO nas respostas ás preguntas sobre se comen algo á media mañá e se consideran que o almorzo é a comida máis importante do día, sendo o alumnado de 1º ciclo o que responde maioritariamente que si.
  • En canto á cantidade de froita e o tipo de dieta, tamén se observa diferencia entre os dous ciclos. O 2º ciclo considera que a súa dieta non é todo o equilibrada que debería.
A conclusión que destacamos é que nas idades máis baixas os proxenitores están máis pendentes da alimentación dos nenos e nenas, que a medida que van medrando e van decidindo por eles mesmos, tamén  van vendo como se deterioran os seus hábitos alimentacios.

Nas seguintes presentacións pódense ver a enquisa e os gráficos...








No hay comentarios:

Publicar un comentario